Despois de tanto Nadal, de comilonas e enchentas, apetécenos FROITA e VERDURAS!!!
*S alumn*s de primeiro debuxaron e colorearon unhas mazás tan apetitosas e con tanto volume que daban ganas de botarlles o dente. Na súa páxina toparedes un enlace onde lles explican como debuxar todo tipo de froitas.Tamén toparedes exercicios de vocabulario sobre este tema.
E en tercero comezaremos con Arcimboldo, o mestre que mellor combina a cociña, a natureza e o arte. Na lapela deste curso toparedes información sobre o artista, exercicios de vocabulario e xogos.
En *s de segundo adicáronse a facer exercicio, que tamén ven ben despois destas datas! A brincar no HOPSCOTCH!! Na súa lapela toparedes xogos de vocabulario sobre as partes do corpo.


No hay comentarios:
Publicar un comentario